Entradas

AVALIACIÓN

Imagen
 A avaliación que levaremos a cabo será global, contínua e formativa mediante a observación directa. O instrumento de avaliación que utilizaremos será un diario de aula no que se irán tomando notas todos os días dos aspectos máis relevantes, xa que consideramos que é o instrumento máis axeitado para estas idades e este tipo de actividades. Tamén utilizaremos unha escala de estimación, onde aparecen uns ítems en relación ós obxectivos das actividades para ver si se cumpren ou non. Alvariñas García, Brianda Blanco Boga, Lara INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN:

ACTIVIDADES A REALIZAR E TEMPORALIZACIÓN

Imagen
 As actividades propostas para realizar con este grupo de 2º ciclo de Educación Infantil: 1ª SESIÓN : Nesta primeira sesión realizaremos unha asamblea para saber si coñecen este pobo mariñeiro e se teñen algúns coñecementos previos a través de diferentes preguntas como: Sabedes onde se atopa Combarro?, que podemos atopar neste pobo mariñeiro?, visitáchedes algunha vez Combarro?, sabedes que é un cruceiro? e un hórreo?, sabedes como son as casas mariñeiras? Para a segunda actividade desta primeira sesión, as docentes proporcionarán unhas tarxetas que conteñen diferentes elementos característicos de Combarro (memory) como poden ser as igrexas, cruceiros, hórreos... para saber si as recoñecen. A través desta actividade, as crianzas desenvolverán diferentes habilidades como a discriminación visual, a memoria, aumenta o almacenamento no cerebro, estimula a capacidade cognitiva... é unha actividade que ten múltiples beneficios e que lles encanta pola diversidade de imaxes e elementos dis...

CONTEXTUALIZACIÓN

Imagen
Combarro, é unha parroquia do municipio de Poio, concretamente na provincia de Pontevedra (Galicia); Ata principios do S.XX constituía un municipio independente. Podemos dicir que se trata dun pobo mariñeiro que está a 7km de Pontevedra e próximo ó concello de Sanxenxo. 42°25′55″N 8°42′23″O Ubicación Combarro Uns dos protagonistas deste pobo son os hórreos e os cruceiros xa que podemos atopar diversos tipos (madeira, pedra) ó recorrer este conxunto histórico. Tamén podemos atopar diversas plazas e casas mariñeiras así como calellas que nos levan ó mar. Poderíamos destacar o porto deportivo que se encontra antes de adentrarnos no conxunto histórico, xa que este queda bordeando o pobo. Ó longo do pobo existen moitos restaurantes e taperías onde poder comer, así como tendas de recordos e artesanía.  En canto ás características, podemos dicir que unha das máis salientables é o material granito, xa que o podemos ver en casas, columnas, hórreos, cruceiros... e incluso no chan. As dimensi...

OBXECTIVOS

Imagen
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS - Recoñecer onde se sitúa o pobo de Combarro no mapa. - Coñecer a historia, características e elementos principais (hórreos, cruceiros, casas mariñeiras)  do noso Ben Patrimonial. - Respetar o patrimonio histórico e cultural. OBXECTIVOS XERAIS   - Observar e explorar de forma activa o seu entorno, xerando interpretacións sobre algunhas situacións mostrando interés polo seu coñecemento. - Coñecer e valorar os compoñentes básicos do medio natural. Combarro, vista dende a zona costeira

PRESENTACIÓN

Imagen
 Ola viaxeiros e viaxeiras! Benvidos e benvidas ao noso blog "Adentrándonos en Combarro". Nós somos Brianda Alvariñas e Lara Blanco, estudantes do 2º grao de Educación Infantil na Universidade de Vigo e ímosvos a presentar o noso proxecto sobre este ben patrimonial tan bonito e artístico. Este blog vai dirixido ó alumnado do Segundo ciclo de Educación Infantil, máis concretamente ás idades comprendidas entre os cinco e seis anos. Brianda Alvariñas García Lara Blanco Boga            Como ben indica o nome do noso blog e a pequena descrición, as nosas entradas están enfocadas para coñecer esta pequena parroquia que se encontra no Concello de Poio, na Provincia de Pontevedra.  Combarro foi declarado conxunto de interés artístico e pintoresco en 1972 debido ó seu encanto, a súa orixe podería residir nun castro costeiro, ainda que os restos arqueolóxicos son escasos. Pegado ó mar, atopamos a Rúa do Mar e nela podemos encontrar diferentes hórreos, casas...