ACTIVIDADES A REALIZAR E TEMPORALIZACIÓN

 As actividades propostas para realizar con este grupo de 2º ciclo de Educación Infantil:

  • 1ª SESIÓN:
Nesta primeira sesión realizaremos unha asamblea para saber si coñecen este pobo mariñeiro e se teñen algúns coñecementos previos a través de diferentes preguntas como: Sabedes onde se atopa Combarro?, que podemos atopar neste pobo mariñeiro?, visitáchedes algunha vez Combarro?, sabedes que é un cruceiro? e un hórreo?, sabedes como son as casas mariñeiras?


Para a segunda actividade desta primeira sesión, as docentes proporcionarán unhas tarxetas que conteñen diferentes elementos característicos de Combarro (memory) como poden ser as igrexas, cruceiros, hórreos... para saber si as recoñecen. A través desta actividade, as crianzas desenvolverán diferentes habilidades como a discriminación visual, a memoria, aumenta o almacenamento no cerebro, estimula a capacidade cognitiva... é unha actividade que ten múltiples beneficios e que lles encanta pola diversidade de imaxes e elementos distintos.

- Duración: 50 minutos aproximadamente.
- Recursos: tarxetas con diferentes imaxes.

- Obxectivos específicos: recoñecer as imaxes, saber identificar os elementos de cada imaxe, participar activamente no intercambio de información.



  • 2ª SESIÓN:
Nesta segunda sesión as docentes proxectarán na pizarra dixital un vídeo da zona vella de Combarro e contarán a historia deste pobo ás crianzas. Mediante este recurso dixital, os docentes poden apoiar a explicación con outros contidos relacionados potenciando desta maneira o intercambio de ideas. Consideramos que coa visualización do vídeo é moito máis doado poder transmitir a historia deste pobo ós pequenos e pequenas xa que a través del poderán observar este ben artístico e patrimonial. 
Unha vez visualizado e contada a historia, as crianzas poderán facer preguntas, contar experiencias, dar a súas opinións sobre o pobo... 




- Duración: 50 minutos aproximadamente.
- Recursos: pizarra dixital.
- Obxectivos específicos: debatir información, interactuar cos compañeiros e compañeiras.

  • 3ª SESIÓN:
Nesta terceira sesión realizaremos unha saída para visitar a Igrexa de San Roque, os hórreos, os cruceiros e as casas mariñeiras. Como unha das crianzas ten un familiar neste pobo, ensinaranos como é a casa típica dos mariñeiros e mariñeiras. Cabe destacar que as docentes irán fotografiando as crianzas polo pobo para que quede de recordo e poidamos apoiarnos delas na seguinte sesión (sesión 4).

Igrexa de San Roque

A igrexa parroquial de San Roque, sitúase no centro do pobo e foi construída a mediados do S.XVIII. Trátase dun ben patrimonial de interese artístico. Esta construcción é de orixe moderno, cunha planta rectangular. Cabe destacar que se pode observar o campanario e un cruceiro dende a porta, e conta con tres accesos: dúas escaleiras e unha rampa. Para acceder ó interior hai dúas portas, a principal e unha pequena no lateral. 



Hórreos

Os hórreos de Combarro, teñen unha estructura rectangular de granito, de diferentes tramos segundo o tamaño do hórreo, aínda que tamén podemos atopar algún de madeira. A porta sitúase nun dos laterais, os tellados son de tella a dúas augas podendo situarse como remate de colectivos nos extremos, cruces ou pináculos. Cabe destacar que todos os pes destes hórreos son de granito.

Cruceiro do Campo, tamén coñecido como o de San Roque

Nos cruceiros de Combarro, a imaxe que máis se repite é a da Virxe do Socorro enfrontándose ó mal, co demo ós pés da virxe, e no seu anverso a figura de Cristo.

Casas mariñeiras

As casas mariñeiras foron construídas no S.XVII-XVIII e poden atoparse na Rúa de San Roque, sendo esas uns dos elementos máis populares deste pobo. O máis salientable destas antigas e fermosas casas, son as balconadas de pedra e os barrotes feitos de ferro que aínda algunha casa o conserva.


- Duración: toda a mañá, de 09:50 a 13:10.
- Recursos: cámara de fotos.
- Obxectivos específicos: interaccionar co medio, valorar e respetar o contono, coñecer máis a fondo Combarro.
  • 4ª SESIÓN:
Nesta cuarta sesión, realizaremos unha asamblea para coñecer o que saben e aprenderon sobre este ben patrimonial a través de cuestións como: que foi o que máis vos gustou?, volveríades a Combarro?, como é un cruceiro?, como é un hórreo?, sabedes onde se atopan as casas mariñeiras?, gustaríavos facer algo que non fixeramos?, hai hórreos de madeira?, que teñen os cruceiros no vértice?, etc.
Posteriormente, faremos unha manualidade que consistirá en facer un debuxo sobre o que máis lle gustou de Combarro para logo colgar na biblioteca. Tamén poñeremos as fotografías da saída didáctica que realizamos na 3ª sesión, así teremos este recordo moi preto de nós e poderán visualizalo sempre que queiran.

- Duración: 50 minutos aproximidamente.
Recursos: cores, folios, fotografías.
Obxectivos específicos: participar activamente na actividade, recoñecer os elementos deste pobo mariñeiro, describir que encontramos en Combarro.
  • 5ª SESIÓN:
Para esta última sesión, contaremos coa colaboración das familias na que faremos unha última saída a Combarro. Primeiramente colleremos o autobús gratuito do colexio para chegar a Combarro, é un espacio curto de tempo (5 minutos) xa que ambos estan no mesmo concello de Poio. 
Unha vez que chegamos a Combarro, o autobús deixaranos no porto, que é onde se encontra o barco. Esta  saída, trátase de ir nun catamarán para visitar polo mar a zona costeira. O barco acercarase o máis próximo posible para ver con detalle o muelle do Peirao, os hórreos, e o cruceiro da praia do Padrón. Este cruceiro como ben xa comentamos, é especial e diferente xa que presenta unha virxe que protexe ós mariñeiros e mariñeiras deste pobo tan fermoso. Desta maneira, os cativos e cativas poderán observar de primeira man todos os detalles. Cabe destacar que o catamarán conta con visión submarina polo que na parte máis baixa do interior do barco, as crianzas poderán ver a través dos cristais o fondo marino.

Para finalizar esta sesión, o patrón do barco e os tripulantes, darannos unha volta arredor da Illa de Tambo, podendo explicar así os acontecementos históricos que sucederon así como ensinarlles o faro. Cabe destacar que este elemento é o único que presenta unhas escaleiras en caracol podendo acceder a él polo exterior. 

Illa de Tambo




Faro Tenlo




Catamarán con visión submarina

- Duración: 10:40 a 13:10
Recursos: non se necesitan.
Obxectivos específicos: coñecer o tipo de barco no que imos, recoñecer algunhas partes do barco, recoñecer os hórreos dende a ría, recoñecer o cruceiro da praia do Padrón dende a ría.




TEMPORALIZACIÓN:

Esta proposta didáctica está pensada para levar a cabo a segunda e terceira semana de Xuño. A continuación, se poderá observar a planificación das sesións propostas:


















Comentarios

Entradas populares de este blog

CONTEXTUALIZACIÓN

PRESENTACIÓN