PRESENTACIÓN

 Ola viaxeiros e viaxeiras! Benvidos e benvidas ao noso blog "Adentrándonos en Combarro".

Nós somos Brianda Alvariñas e Lara Blanco, estudantes do 2º grao de Educación Infantil na Universidade de Vigo e ímosvos a presentar o noso proxecto sobre este ben patrimonial tan bonito e artístico. Este blog vai dirixido ó alumnado do Segundo ciclo de Educación Infantil, máis concretamente ás idades comprendidas entre os cinco e seis anos.

Brianda Alvariñas García



Lara Blanco Boga







          



Como ben indica o nome do noso blog e a pequena descrición, as nosas entradas están enfocadas para coñecer esta pequena parroquia que se encontra no Concello de Poio, na Provincia de Pontevedra. 


Combarro foi declarado conxunto de interés artístico e pintoresco en 1972 debido ó seu encanto, a súa orixe podería residir nun castro costeiro, ainda que os restos arqueolóxicos son escasos. Pegado ó mar, atopamos a Rúa do Mar e nela podemos encontrar diferentes hórreos, casas mariñeiras e restaurantes onde poder tapear. Ó final desta rúa, hai unhas escaleiras de madeira que nos levan á famosa "Plaza da Chousa".

Por outra banda, na calle de arriba podemos atopar a Rúa San Roque, onde destacan as casas mariñeiras e os seus balcóns, os cruceiros e as fontes. Cabe destacar que estas casas encóntranse en soportais, ao final da rúa está a Igrexa de San Roque, un monumento moi acolledor e pintoresco. Nela chama a atención o cruceiro que hai xunto á porta. 










Comentarios

Entradas populares de este blog

CONTEXTUALIZACIÓN

ACTIVIDADES A REALIZAR E TEMPORALIZACIÓN