CONTEXTUALIZACIÓN

Combarro, é unha parroquia do municipio de Poio, concretamente na provincia de Pontevedra (Galicia); Ata principios do S.XX constituía un municipio independente. Podemos dicir que se trata dun pobo mariñeiro que está a 7km de Pontevedra e próximo ó concello de Sanxenxo.


42°25′55″N 8°42′23″O


Uns dos protagonistas deste pobo son os hórreos e os cruceiros xa que podemos atopar diversos tipos (madeira, pedra) ó recorrer este conxunto histórico. Tamén podemos atopar diversas plazas e casas mariñeiras así como calellas que nos levan ó mar. Poderíamos destacar o porto deportivo que se encontra antes de adentrarnos no conxunto histórico, xa que este queda bordeando o pobo. Ó longo do pobo existen moitos restaurantes e taperías onde poder comer, así como tendas de recordos e artesanía. 

En canto ás características, podemos dicir que unha das máis salientables é o material granito, xa que o podemos ver en casas, columnas, hórreos, cruceiros... e incluso no chan.
As dimensións de Combarro son bastante reducidas, pero ainda así é importante recalcar que todo o seu encanto atópase en dúas rúas das que parten rincóns moi estreitos que nos levan ó mar.
As principais rúas son: "Rúa de San Roque" e "Rúa do Mar". Na Rúa San Roque, encóntranse as famosas casas mariñeiras que chaman a atención por encontrarse entre soportais e columnas de granito.

Adentrándonos nos famosos hórreos coñecidos tamén como palleiras, destacamos a súa función que era gardar alimentos (patacas, cebolas, peixe...), ao principio estaban construídos con cañas trenzadas e teito de palla pero máis tarde cambiáronse estes materiais por madeira e pedra. Unha curiosidade en canto a este elemento é que están alineados xunto á ría de Pontevedra, para poder observar ben todos os detalles sería recomendable pasear pola praia do Padrón e polo muelle do Peirao. 
Por outra banda, en canto ós cruceiros están situados en camiños e en crucilladas, creendo que a súa finalidade era dar protección a ese lugar. En Combarro, existen un total de 7 cruceiros e en todos eles conta coa figura da Virxe, estando esta mirando ó mar e o Cristo á terra, menos un dos cruceiros, o cruceiro moderno, preto da praia do Padrón, na que a virxe mira cara ó pobo para protexer os mariñeiros.





Hórreos xunto a ría de Pontevedra






Cruceiro da praia do Padrón




En canto á contextualización da nosa escola, trátase do CEIP Isidora Riestra, situado en C/Camiño da Reiboa nº10-Poio e pertencente á provincia de Pontevedra. Trátase dun colexio que conta con educación infantil e educación primaria.

Comentarios

Entradas populares de este blog

PRESENTACIÓN

ACTIVIDADES A REALIZAR E TEMPORALIZACIÓN